Este xornal foi editado pola Federación de Sociedades Gallegas da República Arxentina e inclúe crónicas e noticias das súas actividades así como información interna da Federación (informes da xunta executiva, consello federal, asembleas, debates, disensións internas etc.); información local galega e da propia colectividade (na que se critica o papel das autoridades consulares); artigos de carácter político, nos que se reflexiona sobre a situación galega e española desde unha perspectiva agrarista (mesmo recollendo ou facendo chamamentos á mobilización agraria). Tamén aparecen traballos cunha temática moi variada sobre a instrución, a cooperación, o antiimperialismo, etc. Esta publicación vai evolucionando, ao mesmo tempo que as correntes dentro da propia Federación, desde unha perspectiva socialista a ter unha orientación nacionalista, o que provoca numerosas controversias na mesma e que ematará coa ruptura da mesma, continuando esta publicación como voceiro do sector nacionalista ata o ano 1930.
Fondos en microfilme:
1922: n. 3, 9, 11-12
1923: n. 13-24
1924: n. 25-42
1925: n. 43-66
1926: n. 67-89
1927: n. 90-113
1928: n. 114-137
1929: n. 138-161
1930: n. 163-183
Fondos dixitalizados:
1923: n. 23-24
1924: n. 25-42
1925: n. 43-66
1926: n. 67-89
1927: n. 90-113
1928: n. 114-137
1929: n. 138-161
1930: n. 163-183