Carta enviada o 07/04/1991 por Alberte Sanmartín, Delegado de Cultura do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, ao consello da Cultura Galega, para achegarlles a seguinte documentación en formato papel:
Memoria e fins societarios
Enquisa "Entidades" para elaborar o censo cultural
Enquisa "Medios de comunicación" para elaborar o censo cultural
Carta enviada o día 04/11/1996 dende a Casa de Galicia en Santurce a María Jesús Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, para remitirlle información solicitada:
Enquisa "Entidades" para elaborar o Censo Cultural
Enquisa "Medios de comunicación" para elaborar o Censo Cultural
Memoria sucinta con datos estatísticos a día 01/02/1995
Carta enviada por Antonio Barbosa Fernández, membro da Xunta Directiva da Casa de Galicia en Valladolid, a María José Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 07 de novembro de 1996, para remitirlle unha memoria, 2 exemplares da revista Abrente, 4 fotografías, 1 emblema e a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta, conservados en formato papel.