Estatutos da sociedade "Centro Gallego, asociación mutual, cultural, social y recreativa" fundado en 1918 (9 follas), conservados en formato papel (fotocopias).
Estatutos do "Centro Galicia en Ponferrada" (15 páxinas), redactados de conformidade co establecido na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 15 de xullo de 1992, conservados en formato papel.
Estatutos do Centro Galego de Barcelona aprobados en Asamblea Xeral Extraordinaria do 10/11/1984, publicados co texto en galego e en castelán (30, 31 páxinas), conservados en formato papel.
Copia certificada en 1962 dos Estatutos do "Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor", aprobados o 07/10/1948, con indicación da concesión de personería xurídica, conservada en formato papel (fotocopias).
Certificado notarial dos Estatutos do "Centro Social y Cultural Bergantiños" do 28/08/1973, aprobados en Asemblea Xeral Extraordinaria do día 24/03/1973 con inscrición no Rexistro de personerías xurídicas, conservado en formato papel (fotocopias).
Centro social y cultural Bergantiños de Montevideo