Carta enviada por Graciela Pérez, filla do Presidente da sociedade "Centro Gallego de Santa Fé", á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 16/05/1997 en contestación á súa solicitude de información. Adxuntos á carta remitiron a seguinte documentación:
Folleto conmemorativo do 75º aniversario da sociedade
Programa de actos polo 75º aniversario
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"
Estatutos renovados o 10/06/1978 Carta con documentación adxunta enviada ao Arquivo da Emigración Galega o 15/11/1996 Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo" enviada ao Arquivo da Emigración Galega o 10/11/1998 Boletín Boletín "Galicia en Mar del Plata" Memoria e balance xeral correspondentes ao período de 01/07/1995 a 30/06/1996
Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo
Carta de María Elena Seoane, Directora da oficina de Turismo de Toronto, ao antigo Director Xeral de Emigración nesa cidade, Antonio José García (29/06/1973), felicitándoo polo seu nombramento como Subsecretario do Ministerio de Vivenda de España e xunta a que envía o programa das actividades levadas a cabo polo Club Hispano no Caravan '73, conservada en formato papel (fotocopias).
Carta enviada o 29/02/2000 a Pilar Cajiao Vila, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, polo Presidente, José María Penabad López, e a Secretaria, María Teresa Pereira García, da recién constituída Xunta Directiva da Asociación "Lar Galego" do día 21/09/1999, conservada en formato papel (fotocopias).
Carta enviada o día 29/10/1996 polo Presidente do "Centro Gallego de México, Asociación Civil", Manuel Martínez Pérez, á Directora do Arquivo da Emigración Galega e Secretaria Xeral do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, en contestación á súa previa do 15/10/1996, solicitando información, conservada en formato papel (fotocopias).
Carta e enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (09/12/1996) 13 tarxetas postais de felicitación de Nadal dos anos 1982-1997 Folleto sobre a exposición da obra de Alberte Permuy na Galería Sargadelos de Madrid (1983) 4 convites 2 anagramas Programas de actos dos Capítulos Xerais (1985-1996) Programa de actos do Capítulo Extraordinario (1993) 2 follas con publicidade
Carta enviada polo Presidente do "Centro Gallego de Madrid", Xosé Cimadevila Covelo, ao Secretario Técnico do Consello da Cultura Galega, Manuel Suárez Suárez, en resposta á súa solicitude previa de información.
Xunto coa carta envían a enquisa "Censo Cultural" cuberta.
Carta do Presidente de "Lar Gallego de Pamplona", Rogelio Díaz Fernández, dirixida ao Director de Radio Galicia en xullo de 1996, para enviarlle o número vixente da revista que editan e convidarlle ao actos organizados con motivo da festividade de Santiago Apóstol, conservada en formato papel.
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (1998) Publicación e cartaz editadas con motivo das Festas de Santiago Apóstolo Convite á convivencia Galicia con Asturias Revista "Centro Gallego Gijón" Revista "Galaica : Revista del Centro Gallego de Gijón" Revista "Airiños : Revista Centro Gallego de Gijón"
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" Enquisa "Censo cultural, Medios de comunicación" Enquisa "Censo cultural, Entidades" 2 trípticos do Día de Galicia en Córdoba (1990) 1 cartaz da 8º edición do Día de Galicia en Córdoba (1994) Guía cultural editada pola Área de Cultura do Concello de Córdoba (1990) Tríptico do II Certame de Poesía Rosalía de Castro (1992) Tríptico do IV Certame de Poesía Rosalía de Castro (1994) Tríptico do V Certame de Poesía Rosalía de Castro (1995) Tríptico do VI Certame de Poesía Rosalía de Castro (1996) Folleto "Yesca" de José A. Ramírez Lozano, premio Rosalía de Castro (1991) Díptico do I Certame de Fotografía San Rafael (1994) Díptico do III Certame de Fotografía San Rafael (1996) Díptico do III Certame de Pintura Maestro Mateo (1995) Díptico do IV Certame de Pintura Maestro Mateo (1996) Catálogo da exposición do fotógrafo Manuel Vilariño na "Posada del Potro" (1990) Tríptico e convite co programa de actos organizados con motivo do 10º aniversario societario Revista "Casa de Galicia" Revista "Casa de Galicia en Córdoba" Revista "Airiños : Casa de Galicia"
Carta enviada por Gonzálo Fernández Cid, do "Centro Galego de La Rioja", á Directora do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, o día 30/10/1996, para facerlle chegar:
Estatutos
Emblema societario
Memoria de actividades do ano 1996
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta
Carta enviada por Manuel Fernández Castro, Presidente da Casa de Galicia en Valladolid, a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 04 de febreiro de 1992, para remitirlle as enquisas "Entidades" e "Medios de comunicación" cubertas, conservadas en formato papel.
Estatutos (1992) 2 cartas enviadas por Eloy Fernández Gómez 2 programas de festexos de Santiago Apóstol - Cruz de Ferro Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" Emblema Revista "Galicia Terra Única"
Carta enviada polo Presidente do "Centro Galicia de Ponferrada", Eloy Fernández Gómez, o día 25 de outubro de 1996, adxuntando os Estatutos, o anagrama da institución e o díptico coa enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas", conservados en formato papel.
Carta enviada polo Presidente do Centro Galego en Burgos, Avelino Lorenzo Vidal, ao coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 27 de xaneiro de 1999, para facerlle chegar a enquisa "As sociedades galegas no mundo" (8 páxinas), conservadas en formato papel.