Esta publicación está editada polo Centro Gallego de Rosario, coa finalidade de informar das actividades sociais e culturais desenvolvidas por esta institución. Complétase tamén con artigos, notas e outros escritos relativos á cultura, historia e xeografía de Galicia.
Números conservados en papel:
1994: n. 1 1995: n. 2-4 1996: n. 5-7 1997: n. 8-9 1998: n. 11-12 2000: n. 16-17 2001: n. 18-19 2002: n. 20-21 2003: n. 22-23 2004: n. 24-25 2005: n. 27 2006: n. 28 2007: n. 29-30 2008: n. 31 2009: n. 32 2010: n. 33
Esta revista societaria foi creada pola Hermandad Gallega de Valencia, para informar aos seus socios dos actos sociais e culturais desenvolvidos e/ou nos que tivo participación a entidade. Complétase con noticias procedentes de Galicia e actualidade deportiva. Tamén inclúe composicións literarias.
2 enquisas 1 carta enviada aos socios 1 carta relativa á Federación de Sociedades Galegas na Suiza 4 cartas relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa 1 poemario "Mortos porque Galicia viva" de Daniel Méndez O'Donnell 2 programas das actividades do coro Cantigas da Terra 1 cartaz do programa de radio Galiza sempre 1 calendario galego do ano 1981 1 cartaz dunha conferencia sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia 1 manifesto relativo ó referendum sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia Revista "Galiza hoxe" Boletín "Galiza sempre"
Semanario feito exclusivamente para Galicia e os galegos residentes en Uruguai. Destaca a atención preferente que fan á Casa de Galicia de Montevideo (actividades societarias, directivas, seccións, etc.). Na práctica converteuse no seu voceiro oficial. Tamén conta con artigos literarios e culturais. Defende o pensamento rexionalista. Naceu coa intención de continuar co labor de Tierra Gallega, ambos os dous semanarios foron fundados e dirixidos por José M.ª Barreiro.
Esta revista editada polo Centro Galicia de Ponferrada ten a finalidade de dar a coñecer os actos culturais nos que participa a sociedade e conta con diversas colaboracións, reproducindo multitude de recortes de xornais onde aparecen novas da entidade.
Esta publicación mensual foi editada pola colonia galega residente en Madrid para informar sobre Galicia, e en menor medida sobre as actividades dos galegos da capital de España. Consta de editorial, entrevistas, noticias do centro e dos galegos en Madrid.
Esta publicación societaria foi creada para difundir a cultura galega entre a colectividade emigrada; no número consultado fan a reprodución da revista «Festa da palabra silenciada» dedicado a Francisca Herrera Garrido (nota bibliográfica e análise da súa obra), acompañado dunha entrevista con Ricardo Carvalho Calero e diferentes poesías.
Esta publicación societaria foi editada para dar a coñecer, entre a colectividade galega asentada en Xenebra, o seu percorrido desde a súa fundación, actividades, etc. pero tamén informa sobre temas de interese para os emigrantes (dereito ao voto, etc.). Inclúe diversos traballos de creación literaria.
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 31 actas dende o 03/11/1907 ata o 15/01/1912.
Este boletín está editado con motivo da celebración do aniversario fundacional da Sociedad del Ayuntamiento de La Golada para informar aos seus socios das diversas actividades realizadas. Conta tamén con noticias sociais e reprodución de poemas ou textos literarios.
Números conservados en formato papel:
1944: 14º aniversario
1948: 18º aniversario
Sociedad de beneficencia y recreativa hijos de Golada y afines
2 cartas e 1 boletín enviados ao respecto da nova etapa da publicación "Galicia en Madrid" (1996) Enquisa "As sociedades galegas no mundo" Memoria societaria Revista "Galicia en Madrid : Revista de Letras, Ciencias y Artes"
Estatutos orixinais co selo societario (1975) Preliminares da revista "Unión do galego" (1988) Emblema societario Carné de socio do Presidente
Conservada en formato papel (orixinais):
Estatutos renovados e apéndice co regulamento de uso dos locais sociais (1985) Carta enviada a Galicia Hoxe de Xenebra (1981) Carta enviada a Marcelino X. Fernández Santiago (1998) Enquisa "As sociedades galegas no mundo" Homaxe a Castelao no 25º aniversario da súa morte (1975) Homaxe a Castelao no centenario do seu nacemento (1986) Recorte de prensa de "La Región internacional" (1988) Guión dunha conferencia sobre a historia de Galicia Separata do Boletín "Enxebre" adicada a Ramón Otero Pedraio no Día das Letras Galegas de 1988 Estatuto de Galiza do 28/06/1936 reeditado pola asociación (1975) Cartaz sobre o uso da lingua nas escolas Díptico polo Día da nai (1988) Cartaz dun baile (1988) Cartaz dun campeonato de chinchón (1988) Boletín "Enxebre : voceiro do Grupo Galego de Aarau"
Guía cultural editada pola Área de Cultura do Concello de Córdoba no que participa a "Casa de Galicia en Córdoba", entre outras institucións, conservada en formato papel.