Esta publicación foi editada pola Federación de Sociedades Españolas de Buenos Aires con motivo da celebración do cincocentos aniversario do descubrimento de América. Ademais de artigos sobre esta data e a presenza española no continente americano, a maior parte da revista céntrase nas memorias históricas das sociedades españolas que integran a federación, así como as actividades e directivas coas que contan nese momento.
Número publicado polo 5º centenario do Descubrimento de América:
1992 (150 páxinas)
Federación de sociedades españolas de Buenos Aires
Esta publicación societaria foi publicada como libro-memoria da entidade editora, onde se nos presentan as sociedades e os directivos que forman parte de dita federación, ademais das diversas actividades organizadas por eles.
Memoria "Federación de Instituciones Españolas en el Uruguay : Memoria de actividades" Xornal "El Diario Español : Órgano oficial de la prensa escrita de la Federación de Instituciones españolas del Uruguay"
Programa de actividades do VI concurso de música e baile tradicional galego (2006) Programa do IX encontro das corais da Federación (2006) Programa do X encontro das corais da Federación (2007) Convite á conferencia de Xosé Ramón Barreiro Fernández (2007) Convite á conferencia de Xosé María Álvarez Cáccamo (2008) Convite á conferencia de Carlos Sixirei Paredes (2010) Programa da xuntanza de entidades galegas de Cataluña (2010) Programa do encontro da comunidade galega en Cataluña (2013) Revista "Vento do leste : Revista de Cultura, Arte e Sociedade"
Federación de entidades culturales gallegas en Catalunya
Esta publicación foi editada para informar das actividades realizadas pola institución, principalmente as celebracións de carácter relixioso. Destacan os artigos políticos que manifestan unha orientación conservadora, de apoio á causa franquista. Inclúe colaboracións literarias.
Números conservados en microfilme:
1936: n. 1-2 1937: n. 3-13 1938: n. 14-15, 17-20 [i.e. 21] 1939: n. 22-30 1940: n. 31-35 1941: n. 36-37 1942: n. 39
Fax enviado pola Subcomisión de Cultura do "Centro Gallego de Azul" a José María Fernández Pazos, do "Servicio de Radio Gallega al Exterior", co obxectivo de compartir o seu programa radial "Punto de Encuentro".
Fax enviado por Graciela Pérez, filla do Presidente da sociedade "Centro Gallego de Santa Fé", ao coordinador do Arquivo da Emigración Galega, Marcelino Fernández Santiago, o día 28/09/1998 en contestación á súa solicitude de información.
Esta publicación é o voceiro oficial da Asociación Finisterre en América creado en 2001 para informar aos seus socios das actividades da entidade. Ademais contén numerosos artigos sobre Galicia e o concello de Fisterra.