Amosando 5701 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

129 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Expedientes de escolas

Expedientes de escolas financiadas pola sociedade "Unión del partido de Lalín en Buenos Aires".

Conservados en formato orixinal: 2 programas educativos para as súas escolas, Regulamento das escolas publicado no ano 1922, e traballos dos alumnos das escolas financiadas pola sociedade, que inclúen mapas, debuxos, etc.

Conservados en microficha: un inventario de útiles dos anos 1922-1923 e documentación dos anos 1928-1929.

Unión del partido de Lalín en Buenos Aires

Expediente do Panteón do Cemiterio de Cristóbal Colón

Expediente do Panteón da sociedade "El Valle de Oro" situado no Cemiterio de Cristóbal Colón de A Habana, conservada en formato dixital:

  • Título de propiedade (1929)
  • Duplicado do título de propiedade (1955)
  • Fotografía do panteón

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Expediente do ano 1961

Expediente de gastos do ano 1961 da sociedade "Hijos del Partido de Lalín", conservado en formato dixital:

  • Balance de gastos de xaneiro de 1961
  • Informe de gastos do ano 1961

Hijos del Partido de Lalín

Expediente de levantamento do Panteón e Osario no Cemiterio de Cristóbal Colón

Expediente de levantamento do Panteón e Osario da sociedade "Club Navia de Suarna" situados no Cemiterio de Cristóbal Colón de A Habana, conservado en formato dixital:

  • Planos do Panteón
  • Listaxe de tareas e de materiais (1995)

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

Expediente de fusión das sociedades "Progreso de Lousada" e "Hijos de Roupar"

Expediente de fusión das sociedades "Progreso de Lousada" e "Hijos de Roupar" na sociedade de nova creación "Roupar y Lousada", conservado en formato papel (fotocopias):

  • Regulamento aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 05/05/1957
  • Inventario de propiedades de ambas sociedades
  • Acta de fusión do 05/07/1957
  • Envío para aprobación do Gobernado da Provincia de A Habana (05/07/1957)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Expediente das escolas de O Valadouro e Alfoz

Expediente de doazón das escolas de O Valadouro e Alfoz, financiadas pola sociedade "El Valle de Oro", aos concellos respectivos, conservado en formato dixital e impreso.

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Exercicios do alumnado

Exercicios de lingua de Celso Alonso Rodríguez, alumno dunha escola da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua", conservados en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Estatutos y reglamento interno

Estatutos e regulamento interno do "Centro recreativo y social español de Azuero" (25/11/1966) conservados en formato papel.

Centro recreativo y social español de Azuero

Estatutos sociais do Centro Arzuano Mellidense

Estatutos sociais do Centro Arzuano Mellidense, aprobados polo Ministro de la Nación por resolución C. 5552, o 1 de de outubro de 1970. Aparece claramente reflexado que é unha asociación "con casa propia y personería jurídica" (28 páxinas) (fotocopiados)

Centro Arzuano Mellidense

Estatutos renovados

Estatutos da sociedade "Centro Gallego y Saviñao, asociación mutual" renovados o 30/07/1993 (9 follas), conservados en formato papel (fotocopias).

Centro Gallego de Rosario, asociación mutual

Estatutos reformados en 1948

Estatutos da "Sociedad residentes del ayuntamiento de Portas y sus contornos" reformados o día 26/06/1948 e publicados en 1949, conservados en formato papel (fotocopias) e en formato dixital.

Sociedad residentes del ayuntamiento de Portas y sus contornos

Resultados 3301 a 3320 de 5701