Este boletín social foi editado pola sociedade do mesmo nome co fin de conmemorar o 25 aniversario fundacional e dan a coñecer os actos que organizan entre a colectividade galega e española asentada en Zürich.
Carta enviada polo Presidente da asociación, Santiago Coelho Rodríguez Campo, para facer chegar a súa tarxeta e o proxecto cultural deseñado para o período 2008-2009. O AEG conserva o proxecto cultural en papel e CD.
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago
Publicación facsimilar da "Sociedad española de beneficencia de Panamá" con motivo do seu centenario, na que reproducen dúas publicacións sobre a historia da institución:
Un documento en conmemoración das Bodas de Ouro da sociedade, de Gervasio García (1935)
Un documento polo 75º aniversario da sociedade, de Antonio Olarte Hervias (1960)