Esta publicación societaria foi editada con motivo da celebración do 50º aniversario fundacional da sociedade Centro del Distrito de Salceda de Bos Aires onde informa da súa traxectoria histórica e das actividades organizadas pola entidade.
Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda
Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:
Estatutos aprobados o 25/09/1951 (fotocopias) Enquisas "Censo Cultural" do Consello da Cultura Galega sobre Entidades e sobre Medios de comunicación Documentos sobre a inauguración dunha galería de arte cunha exposición de Manuel Cordeiro (1988) Tríptico “Muestra fotográfica del artista Domingo Abril : del 8 al 19 de abril de 1991” na Galería de Arte “La Estrada” Convocatoria á Asamblea xeral extraordinaria do día 07/11/1992 que inclúe o Proxecto de Reforma dos Estatutos de setembro de 1992 Boletín "Centro Cultural del partido de la Estrada" Publicación societaria "El Estradense" Memoria histórica da creación do Centro elaborada en decembro de 1986 que incorpora o poema titulado "Canto al Estradense"
Esta publicación, editada polo Centro Betanzos de Bos Aires, está asinada por A. Suárez do Pazo. Está totalmente dedicada á figura de Castelao, como unha homenaxe tras o seu pasamento.
Este boletín como toda publicación societaria pretende informar aos seus socios das actividades que están a realizar; ademais abordan noutros artigos a descrición xeográfica e histórica do seu concello natal e das súas parroquias, así como temas culturais (obra artística de Castelao) e colaboracións literarias.
Correspondencia enviada por Carlos Velo Cobelas, Presidente do "Padroado de Cultura Galega de México" e Delegado do "Consello de Galiza" en México, a diversos cargos do "Consello de Galiza" en Bos Aires:
Alberto Vilanova, Concelleiro do "Consello de Galiza" (31/07/1964), (06/08/1964) e (08/08/1964)
Lois Fuentes, Secretario de Goberno e Coordinación (13/11/1964)