Correspondencia enviada pola sociedade "Hijos del Partido de Lalín", conservada en formato dixital:
Convite aos socios a celebrar o aniversario societario (01/07/1952)
Carta enviada ao Alcalde Municipal de A Habana para solicitarlle un permiso para a festa polo 44º aniversario societario (19/04/1954)
Carta da Comisión Organizadora dos Actos Conmemorativos polo 80º aniversario societario en agradecemento ao seu Presidente ó longo de 30 anos, Ramón Fernández Rodríguez (20/03/1990)
Regulamento xeral (1917): dixitalizado incompleto Regulamento do Patronato Cultural de Paradela-Barbude (1932) Memoria social dos anos 1921-1926 (1927)
Regulamento do Patronato Cultural de Paradela-Barbude de A Estrada (1932), encargado da administración e conservación do edificio e do funcionamento da escola, da que foi promotora a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de La Estrada" (11 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Correspondencia da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" de A Habana durante os anos 1958-1995, conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada aos socios recomendando a Manuela García (28/05/1958)
Carta enviada a Fernando Magariños Torres, Xefe da Sección de Asistencia Social do Instituto Español de Emigración do Ministerio de Traballo, para enviarlle unha enquisa (21/12/1967)
Carta enviada á Federación de Sociedades Españolas de Cuba relativa á relación entre sociedades (06/04/1969)
Carta enviada á Federación de Sociedades Españolas de Cuba relativa á relación entre sociedades (09/12/1969)
Carta enviada polo Cónsul Xeral de España en Cuba, Joaquín Eduardo de Thomas, sobre a concesión da Medalla de ouro colectiva ao Mérito no Traballo outorgada polo Ministerio a proposta do Instituto Español de Emigración (12/03/1971)
Carta enviada ao Alcalde de As Pontes de García Rodríguez, Aquilio Meizoso, en agradecemento pola axuda económica recibida para as obras de restauración do Panteón da sociedade (07/05/1995)
Programas de actividades culturais organizadas pola Irmandade Galega na Suiza con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, conservados en formato papel:
Enquisas Censo Cultural relativas a Entidades e a Medios de comunicación, cubertas pola asociación Galiza Hoxe a petición do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, conservadas en formato papel.
Poemario "Mortos porque Galicia viva" (1973) de Daniel Méndez O'Donnell (pseudónimo de Darío Xohán Cabana) que incorpora unha pegatina publicitaria do programa de radio "Galiza sempre" da asociación Galiza Hoxe, conservado en formato papel. Trátase dun folleto clandestino que contén 4 poemas: "Alfonso Daniel Rodríguez Castelao", "Roi Xordo", "Alexandre Bóveda" e "Daniel Niebla e Amador Rei".
Cartaz da conferencia-debate de Margarita Ledo Andión, Directora de A Nosa Terra, titulada "Galicia ante el Estatuto", organizada coa colaboración de Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservado en formato papel.