Este boletín societario está editado para informar sobre os diversos acontecementos que atinxen á colonia galega residente en Brasil e, especialmente, dos asuntos internos da entidade editora: ampliación dos servizos, presentación dos cursos de español, etc. Complétase con diversas colaboracións literarias e artigos sobre distintos lugares da xeografía galega.
Números conservados en formato papel:
Fotocopias:
1997: n. 1
Orixinais:
1997: n. 2-7 1998: n. 8-13 1999: n. [14]-19 2000: n. 20-23
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago
Carta do Secretario da sociedade "Hospital Espanhol", Andrés Gutiérrez y Gutiérrez, enviada á Secretaria Xeral do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, en contestación á súa previa do 15 de outubro na que solicitaban documentos e información societaria. Xunto coa carta envían a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas", o escudo societario e unha memoria do ano 1993.
Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia
Galería de fotos dos diferentes presidentes do "Centro recreativo Uniâo do Río Tea", con indicación dos seus nomes e períodos de goberno, conservada en formato dixital.
Carta dirixida a Manuel Suárez Suárez (1991) Convite a participar na VI Confraternización de Xeracións Galego-Baianas Programa "O povo galego : mentalidade, caminhos, espaços" Folleto do Centro de Estudos Galegos Folleto con "Cantigas Galegas" Modelo de ficha de socios
Carta enviada pola Secretaria Xeral do Centro de Estudos Galegos, Madel Rosario Albán, ao Secretario do Consello da Cultura Galega, Manuel Suárez Suárez, o día 12/07/1991, para explicarlle o motivo polo que non respostaron á súa solicitude previa de información, conservada en formato papel.