Este boletín está editado con motivo da celebración do aniversario fundacional da Sociedad del Ayuntamiento de La Golada para informar aos seus socios das diversas actividades realizadas. Conta tamén con noticias sociais e reprodución de poemas ou textos literarios.
Números conservados en formato papel:
1944: 14º aniversario
1948: 18º aniversario
Sociedad de beneficencia y recreativa hijos de Golada y afines
Semanario feito exclusivamente para Galicia e os galegos residentes en Uruguai. Destaca a atención preferente que fan á Casa de Galicia de Montevideo (actividades societarias, directivas, seccións, etc.). Na práctica converteuse no seu voceiro oficial. Tamén conta con artigos literarios e culturais. Defende o pensamento rexionalista. Naceu coa intención de continuar co labor de Tierra Gallega, ambos os dous semanarios foron fundados e dirixidos por José M.ª Barreiro.
Esta revista societaria foi creada pola Hermandad Gallega de Valencia, para informar aos seus socios dos actos sociais e culturais desenvolvidos e/ou nos que tivo participación a entidade. Complétase con noticias procedentes de Galicia e actualidade deportiva. Tamén inclúe composicións literarias.
Esta publicación está editada polo Centro Gallego de Rosario, coa finalidade de informar das actividades sociais e culturais desenvolvidas por esta institución. Complétase tamén con artigos, notas e outros escritos relativos á cultura, historia e xeografía de Galicia.
Números conservados en papel:
1994: n. 1 1995: n. 2-4 1996: n. 5-7 1997: n. 8-9 1998: n. 11-12 2000: n. 16-17 2001: n. 18-19 2002: n. 20-21 2003: n. 22-23 2004: n. 24-25 2005: n. 27 2006: n. 28 2007: n. 29-30 2008: n. 31 2009: n. 32 2010: n. 33
Esta publicación societaria informa das actividades da sociedade instructiva «Pro-Escuela en Bandeira» e achega aos seus socios as noticias da súa localidade natal e de Galicia («Notas locales», «Información Regional»). Tamén contén abundantes colaboracións literarias e artigos de temática variada, entre os que citamos «Sección Argentina», na que Saga Tevama reflexiona sobre diversos aspectos educativos e pedagóxicos, temática que se repite en numerosos artigos.
Números conservados en formato papel (fotocopias):
Esta publicación societaria foi creada en 1997 para dar a coñecer a comarca de Fisterra en Bos Aires, así como as actividades dos emigrantes naturais desta zona da Costa da Morte residentes en Bos Aires, informando dos servizos, novidades e curiosidades aos seus socios.
Publicación editada para dar a coñecer e difundir a actividade artística dos numerosos grupos folclóricos das entidades de emigrantes residentes en Venezuela. A Hermandad Gallega de Venezuela e o seu grupo de danza Semente Nova organizan a edición do ano 2003 do Festival de Danzas Folclóricas Internacionales e con tal motivo editan esta revista para publicitar este certame.
Esta publicación foi editada pola Federación de Sociedades Españolas de Buenos Aires con motivo da celebración do cincocentos aniversario do descubrimento de América. Ademais de artigos sobre esta data e a presenza española no continente americano, a maior parte da revista céntrase nas memorias históricas das sociedades españolas que integran a federación, así como as actividades e directivas coas que contan nese momento.
Número publicado polo 5º centenario do Descubrimento de América:
1992 (150 páxinas)
Federación de sociedades españolas de Buenos Aires
Esta publicación societaria foi publicada como libro-memoria da entidade editora, onde se nos presentan as sociedades e os directivos que forman parte de dita federación, ademais das diversas actividades organizadas por eles.
Memoria "Federación de Instituciones Españolas en el Uruguay : Memoria de actividades" Xornal "El Diario Español : Órgano oficial de la prensa escrita de la Federación de Instituciones españolas del Uruguay"