Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas e das Xuntas Xerais de Socios da sociedade "Progreso de Lousada", conservado en formato dixital e impreso incompleto:
Libro de actas das reunións dende o 29/09/1938 ata o ano 1952: dixitalizadas as 33 primeiras actas, ata o 23/12/1940 (87 páxinas)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da "Sociedad de Beneficencia, Instrucción y Recreo Unión de Baleira", conservado en formato dixital e impreso:
Libro con 119 actas dende o 01/02/1951 ata o 12/07/1960 (284 páxinas)
Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas e das Asembleas de Socios do "Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada", conservado en formato dixital e impreso:
Libro de actas dende o 22/09/1960 ata o 30/03/1993 (155 páxinas)
Libro de actas das reunións da Comisión directiva da sociedade "Unión Residentes de Dodro" correspondentes aos anos 1946-1952 (192 páxinas), conservado en formato microfilme e dixital.
Libro de actas das reunións da Comisión directiva da sociedade "Unión Residentes de Dodro" correspondentes aos anos 1967-1989 (200 páxinas), conservado en formato microfilme e dixital.
Libro de Actas das reunións da Sección de Arte e Cultura da sociedade "Agrupación artística gallega", conservado en formato dixital e impreso:
Libro con 38 actas dende o 15/02/1977 ata o 14/08/1980 (43 páxinas), que inclúe ao comezo do volume listaxe de socios e os artigos do Regulamento relativos a esta sección
Libro de Actas das reunións da Sección de Orde da sociedade "Agrupación artística gallega", conservado en formato dixital e impreso:
Libro con 36 actas dende o 11/03/1977 ata o 27/10/1982 (42 páxinas), que inclúe ó comezo do volume listaxe de membros e os artigos relativos a esta sección: dixitalizado incompleto
Libro de actas das Reunións da Comisión Directiva da "Sociedad del ayuntamiento de Villagarcía de Arosa" (1959-1990), conservado en formato microfilme e dixital.
Libro de actas das Reunións da Comisión Directiva da sociedade "Círculo de Villagarcía de Arosa" (1934-1953), conservado en formato microfilme e dixital.