Fonds AE-ES-CaGaBil - Casa de Galicia de Bilbao

Identity area

Reference code

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-CaGaBil

Title

Casa de Galicia de Bilbao

Date(s)

  • 1926-05-06 - (Creation)

Level of description

Fonds

Extent and medium

1 cartafol con 1 carta, 5 folletos e 1 memoria
1 carpeta con 3 publicacións societarias

Context area

Name of creator

(1926-05-06 ata a actualidade)

Administrative history

A "Casa de Galicia de Bilbao" foi fundada o 6 de xuño do ano 1926 por un pequeno grupo de galegos que se reunían na Cafetería La Terraza. Tiveron varias sedes sociais, a maioría alugadas ata que no ano 1990 inauguran a actual en propiedade, sita na rúa Picasso, cunha superficie de 600 m2 donde ademais de comedor, cafetería, sala de xogos, contan cunha sala de exposicións e unha biblioteca con máis de 1000 volumes en galego; posúen varios locais que alugan.

Nos seus Estatutos recollen os fins artísticos, culturais, recreativos e benéficos da entidade, encamiñados todos eles a facilitar e cultivar a confraternidade galaico-vasca e a difusión do que representa Galicia en todas e cada unhas das súas manifestacións.

En setembro de 1962 crearon o grupo folclórico "Danzas Terra Nai", integrado por quince músicos e sesenta compoñentes de baile e a banda de gaitas "Lumieira". En 1982 formaron un grupo de corda, con sesenta músicos e no ano 87, doce socios crean "Xolda", grupo de música tradicional galega. Ademais teñen un grupo de teatro chamado "O Palleiro". Todos os seus grupos participan activamente nas festas organizadas pola entidade: celebracións do Antroido, Semana das Letras Galegas, Día de Galicia en Euskadi, etc.

Organizan cursos literarios de narración curta que convocan anualmente. Dende 1986 publican o informativo mensual "O Currunchiño" e dende o 88 editan "O Curruncho", boletín mensual da sociedade, e "Follas Novas", o voceiro infantil e xuvenil.

Archival history

Immediate source of acquisition or transfer

Content and structure area

Scope and content

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Carta de Jaime Souto Capelet (2000)
Programas das festas en honor a Santiago Apóstol (1982-1983, 1985, 1987)
Folleto coas bases do I Concurso "Galicia" de novela en lingua galega (1974)
Memoria da sociedade dende o ano 1926
Revista "O curruncho : voceiro da nosa casa"
Revista "Follas Novas"
Revista "O currunchiño : voceiro da Casa de Galicia en Bilbao"

Appraisal, destruction and scheduling

Accruals

Aberto a novos ingresos

System of arrangement

Conditions of access and use area

Conditions governing access

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Conditions governing reproduction

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Language of material

  • Spanish
  • Galician

Script of material

  • Latin

Language and script notes

Physical characteristics and technical requirements

Finding aids

Allied materials area

Existence and location of originals

A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC

Existence and location of copies

Related units of description

Related descriptions

Notes area

Alternative identifier(s)

Access points

Place access points

Name access points

Genre access points

Description control area

Description identifier

Institution identifier

Rules and/or conventions used

NOGADA

Status

Draft

Level of detail

Partial

Dates of creation revision deletion

Creado por Adriana Cousillas o 28/06/2019

Language(s)

  • Galician

Script(s)

  • Latin

Sources

Accession area

Related people and organizations

Related genres

Related places

Physical storage

  • Box: AE/SOC/E-4
  • Box: AE/Rev/E-5/I