Fonds AE-AR-CPont - Centro Pontevedrés de Buenos Aires

Identity area

Reference code

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CPont

Title

Centro Pontevedrés de Buenos Aires

Date(s)

  • 1942-03-14 - 1974-02-24 (Creation)

Level of description

Fonds

Extent and medium

1 rollo de microfilme con actas
1 cartafol e 1 rollo de microfilme con 1 xornal e 1 revista

Context area

Name of creator

(1942-03-14 ata 1974-02-24, ano que se fusiona co Centro Coruñés, creando a Asociación Gallega de Buenos Aires. En 1979 hai unha nova fusión entre todos os centros provinciais galegos en Buenos Aires e créase o Centro Galicia de Buenos Aire)

Administrative history

En marzo de 1938 as sociedades de emigrantes pontevedreses "Residentes del Ayuntamiento de Geve", a "Sociedad Hijos de Lérez", "Alba, Campano y Cerponzones", "Hijos de Meaño" e "Sociedad de Rivadumia" deciden formar unha "confraternidade" para lograr maior eficacia na consecución das aspiracións dos seus socios. Esta confraternidade foi o xerme desta asociación.
Este Centro Pontevedrés foi creado tras a fusión de varias sociedades, con poucos socios e escasa actividade societaria, que deciden xuntarse por iniciativa de Manuel Esperón, primeiro presidente da nova entidade e de Cándido Rey.
Segundo a súa declaración de principios, recollida na súa acta fundacional "(...) el centro surje a la vida societaria para continuar la nobilísima obra de sus entidades fundadoras (...) con una finalidad benéfica y altruista; seguirá prestando toda clase de ayuda moral y material a sus asociados, otorgándoles subsidios y repatriaciones en caso de enfermedad y otros muchos beneficios de todo orden, claro está, en una escala superior a la que era posible conceder antes de esta nuestra UNIÓN (...)".
En 1949, conta cun pazo da súa propiedade en Olivos; e en 1955 consegue ter unha sede social da súa propiedade na rúa Sarandí, nº 847, onde se instalan as súas oficiñas. Esta sede contaba cun amplio salón para actos culturais e celebración de festas, unha sala-biblioteca, salas de presidencia, secretaría e un bar-comedor para os socios. Ten un amplio espacio libre dedicado a xogos ao aire libre, verbenas, etc. Son propietarios tamén dun campo na avenida Libertador en Olivos, ao que os socios chaman Pazo Galego.
En xaneiro de 1963 intégrase nesta sociedade a Agrupación cultural y artística "Rosalía de Castro".
No ano 1974 fusiónase co "Centro Coruñés de Buenos Aires" e pasan a denominarse "Asociación Gallega de Buenos Aires" pero ambas as dúas entidades teñen unha vida social propia, só se unen para a organización de grandes eventos e para defender unha política común dentro da colectividade.
Finalmente en 1979 participan cos outros centros provinciais na fundación dunha nova entidade que segue a existir na actualidade, o "Centro Galicia de Buenos Aires".

Archival history

Immediate source of acquisition or transfer

Content and structure area

Scope and content

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme:

Libros de actas das Reunións da Comisión Directiva dos anos 1942-1944 e 1952-1962

Conservada en formato facsímil:

Revista "Lérez"

Conservada en formato microfilme e papel:

Xornal "Opinión Gallega"

Appraisal, destruction and scheduling

Accruals

Aberto a novos ingresos

System of arrangement

Conditions of access and use area

Conditions governing access

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Conditions governing reproduction

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Language of material

  • Spanish

Script of material

  • Latin

Language and script notes

Physical characteristics and technical requirements

Os documentos microfilmados precisan dun lector, que se pon a disposición dos investigadores.

Finding aids

Allied materials area

Existence and location of originals

A propia institución

Existence and location of copies

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Related units of description

Related descriptions

Notes area

Alternative identifier(s)

Access points

Name access points

Genre access points

Description control area

Description identifier

Institution identifier

Rules and/or conventions used

NOGADA

Status

Draft

Level of detail

Partial

Dates of creation revision deletion

Creado por Adriana Cousillas o 01/04/2019

Language(s)

  • Galician

Script(s)

  • Latin

Sources

Accession area