File 01 - Correspondencia varia

Open original Digital object

Identity area

Reference code

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLou-03-01-02-01

Title

Correspondencia varia

Date(s)

  • 1932 - (Creation)

Level of description

File

Extent and medium

4 cartas

Context area

Name of creator

(1916-01-30 ata 1957-07-08)

Administrative history

Sociedade fundada na cidade da Habana por emigrantes da parroquia de Santo André de Lousada, concello de Xermade (Lugo). O seu primeiro presidente foi José García Castro.
Dende a súa fundación terá como principal obxectivo fomentar e soster a instrución gratuíta na súa parroquia natal. Para levar adiante esta finalidade, a entidade patrocinaría unha escola de ensino primario para ambos os sexos; a sociedade non descartaba ampliar os seus obxectivos cara ao ensino secundario se as circunstancias o esixían. Os seus esforzos víronse coroados pola construción da escola do Pazo, que se inaugurou en 1918.
Ademais, a sociedade dotou aos agricultores da parroquia de Lousada de moderna maquinaria debulladora de cereais.
A renovación dos seus estatutos en 1931 supón que os seus obxectivos e o seu nome cambien, pasará a chamarse Progreso de Lousada. Sociedad Cultural y de Socorros Mutuos, e terá como principal finalidade fomentar a cultura e o progreso moral e material entre os habitantes da parroquia de Lousada; non se esquece dos seus fins instrutivos e especifica que coidará do ensino primario no seu distrito, ademais de implantar novos métodos na agricultura en xeral en Xermade. Foron obxectivos tamén establecer un fondo de socorros mutuos entre os asociados e emprestar protección aos naturais daquela localidade que cheguen á illa de Cuba como emigrantes, auxiliándoos en todo o posible.
Colabora en numerosas melloras para a súa vila, contribuíndo con importantes cantidades de cartos para a construción dunha estrada ou o tendido de electricidade e de teléfono do concello.
A súa andaina remata o 29 de maio de 1957, data en que aproba por unanimidade a súa fusión coa de Hijos de Roupar, que tiña os mesmos fins. Pasa a ser unha nova sociedade que recibe o nome de Roupar y Losada, que continúa a existir na actualidade.

Archival history

Immediate source of acquisition or transfer

Content and structure area

Scope and content

Correspondencia conservada en formato dixital e impreso:

  • Circular informando aos socios da sociedade "Progreso de Lousada" da estafa acometida pola anterior Xunta Directiva e solicitando o pago da cuota social (10/09/1932)
  • Carta concediendo terreos para construir un Panteón no cemiterio da parroquia de San Pedro de Santaballa a favor da sociedade "Progreso de Lousada", a iniciativa do socio José Fernández Pernas (03/09/1935)
  • Carta do Vicesecretario da Chancillería do Obispado de Mondoñedo, Gabriel Pita da Viega, ao cura párroco de San Pedro de Santaballa, Domingo Pérez sobre o traslado duns restos mortais (03/09/1935)
  • Informe do cura párroco de San Pedro de Santaballa, Domingo Pérez Ocampo (22/10/1935)

Appraisal, destruction and scheduling

Accruals

Aberto a novos ingresos

System of arrangement

Conditions of access and use area

Conditions governing access

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria.
Dispoñible o acceso en liña.

Conditions governing reproduction

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Language of material

  • Spanish

Script of material

  • Latin

Language and script notes

Physical characteristics and technical requirements

Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.

Finding aids

Allied materials area

Existence and location of originals

A propia institución

Existence and location of copies

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Related units of description

Related descriptions

Notes area

Alternative identifier(s)

Access points

Name access points

Genre access points

Description control area

Description identifier

Institution identifier

Rules and/or conventions used

NOGADA

Status

Draft

Level of detail

Partial

Dates of creation revision deletion

Creado por Adriana Cousillas o 08/08/2019. Engadido OD o 13/11/2023 por Susana Guitar.

Language(s)

  • Galician

Script(s)

  • Latin

Sources

Digital object (Master) rights area

Digital object (Reference) rights area

Digital object (Thumbnail) rights area

Accession area

Related people and organizations

Related genres

Physical storage

  • Folder: AE/SOC/CU-5/Car-3