Fonds AE-CU-ValOro - El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Identity area

Reference code

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-ValOro

Title

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Date(s)

  • 1907-10-15 - (Creation)

Level of description

Fonds

Extent and medium

1 carpeta con 6 libros de actas
1 carpeta con 2 libros de actas, 2 regulamentos, 1 expediente sobre as escolas e 2 memorias
PDF con 8 libros de actas, 2 regulamentos, 4 libros de rexistro, 1 listaxe, 1 expediente sobre o panteón, 1 expediente sobre as escolas, 2 memorias e 125 fotografías

Context area

Name of creator

(1907-10-15 ata a actualidade)

Administrative history

Esta sociedade instrutiva foi creada o 15 de outubro de 1907 polos naturais dos concellos lucenses de Valadouro e Alfoz, residentes na Habana. O seu obxectivo era fomentar a unión entre os seus connaturais e propender moral e materialmente ao maior auxe e prosperidade do seu concello natal. Esta entidade daralle preferencia á instrucción antes que a protección e o recreo, todos lema da entidade.
O consello de fundadores estaba constituído por: Valentín Nécega Rivas (presidente fundacional), Juan R. Álvarez, Angel Mandiá Reigosa, José F. Vidal, Antonio Vila Ares, Constantino Romero Cortiñas, Manuel Díaz Lestegás, José Mandiá Reigosa, Generoso Díaz Villar, Francisco Moscoso Febrero. A súa primeira directiva estivo formada por Francisco Janeiro, como presidente; vicepresidente, José M. Otero; secretario, José Mª Candia Nécega; vicesecretario, Juan Alvárez; tesoureiro, Juan López; vicetesoureiro, Manuel Hermida e 8 vocais. Presidentes de Honor: José Mª Candia Nécega e Andrés Canoura Palmeiro.
Para a millor inversión e canalización dos fondos que se remitían dende A Habana, creouse un Consello de Administración composto por sete veciños de Ferreira do Valadouro, o cal baixo a dirección da Xunta Directiva invertía os fondos recadados na capital cubana. Estes fondos eran adicados sobre todo á instrución das parroquias máis desfavorecidas. Xa en 1908 recadan numerosas doazóns para estabelecer unha escola para a xuventude de ambos sexos na vila de Ferreira e publican un manifesto solicitando a solidariedade dos seus connaturais na Arxentina e Madrid, co obxecto de fundar este colexio de primeira e segunda ensinanza, no que se impartirían leccións teóricas e prácticas de agricultura. En 1912 aproban a construción dun edificio para escola na parroquia de Santa María de Vilacampa e a contribución de 50.000 pesetas para montar un campo de experimentación no Valadouro. Ademáis tamén constrúen escolas en Cadramón e Bacoi; envían cartos ás escolas de Moucide, Santo Tomé e Santa Cruz para mercar mobles e libros.
Actualmente esta entidade traballa en pro dos seus asociados intentando axudar aos máis necesitados na medida das súas posibilidades, e organizan diversas actividades recreativas. Está presidida por Esperanza Uz Medín, unha das socias máis antigas, inscrita en 1946, ano no que se permitiu a entrada de mulleres na sociedade con plenos dereitos.

Archival history

Immediate source of acquisition or transfer

Content and structure area

Scope and content

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital e impreso:

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1932-1942)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1972-1976)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1923-1930)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1947-1963)
Libro de Actas das reunións do Consello de Fundadores (1923-1969)
Libro de Actas das reunións do Comité Pro-Iglesia de Ferreira (12/1920)
Libro de Actas das reunións da sección de Propaganda (1924-1931)
Libro de Actas das reunións da sección de Beneficencia (1924-1939)
Regulamento (1916)
Expediente de doazón das escolas de O Valadouro e Alfoz
Memoria social (1916-1917)
Memoria social (1928)

Conservada en formato dixital:

Libro de rexistro de socios (1907-1949)
Libro de rexistro de socias (1932)
Libro de rexistro de socios (1949)
Libro de rexistro de socios (1955-1993)
Listaxe de socios fundadores (1907)
Expediente do Panteón do Cemiterio de Cristóbal Colón
125 fotografías

Conservada en formato papel (orixinal) e dixital:

Regulamento (1945)

Appraisal, destruction and scheduling

Accruals

Aberto a novos ingresos

System of arrangement

Conditions of access and use area

Conditions governing access

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Conditions governing reproduction

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Language of material

  • Spanish

Script of material

  • Latin

Language and script notes

Physical characteristics and technical requirements

Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.

Finding aids

Allied materials area

Existence and location of originals

A propia institución

Existence and location of copies

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Related units of description

Related descriptions

Notes area

Alternative identifier(s)

Access points

Place access points

Genre access points

Description control area

Description identifier

Institution identifier

Rules and/or conventions used

NOGADA

Status

Draft

Level of detail

Partial

Dates of creation revision deletion

Creado por Adriana Cousillas o 12/08/2019

Language(s)

  • Galician

Script(s)

  • Latin

Sources

Accession area