Copia certificada en 1992 dos Estatutos do "Centro pontevedrés, social y deportivo de Montevideo" coa concesión de personería xurídica outorgada en 1960, conservada en formato papel (fotocopias).
Centro pontevedrés, social y deportivo de Montevideo
Estatutos e regulamento interno da Casa de Galicia de Río de Janeiro (23 páxinas) reformados na Asemblea Xeral Extraordinaria do día 19 de novembro de 1958, conservados en formato papel.
Folleto editado polo Concello de Betanzos, o Consello da Cultura Galega e a Fundación 10 de Marzo como edición facsímil do publicado polo Centro Betanzos de Bos Aires en xullo de 1955.
Documento mecanografado con motivo da "IV Confraternización de Xeracións Galego-Bahianas", coas cantigas compiladas polo centro a partir da contribución dos homenaxeados, conservado en formato papel.
Folleto co programa de actividades organizadas pola Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona con motivo da III festa galega, celebrada os días 22 a 24 de setembro de 2000, coincidindo co aniversario societario, conservado en formato papel.
Folleto publicado polo Centro Gallego de Buenos Aires co "Mensaje de los emigrantes en América sobre el desarrollo económico de Galicia" de maio de 1965