Esta publicación societaria foi editada pola sociedade Unión Mugardesa para informar aos seus asociados das diferentes actividades organizadas pola entidade en pro da instrución na súa terra natal, prioridade da sociedade, ademais de salientar todo o que acontecía na súa terra natal.
Acta de constitución da "Unión Mugardesa de Instrucción" do día 12/11/1909 Regulamento social da "Unión Mugardesa de Instrucción" reformado en 1917 Regulamento xeral da "Unión Mugardesa de Instrucción" aprobado en 1923 Regulamento xeral da "Unión Mugardesa de Beneficencia y Recreo" aprobado en 1947 Memoria social da "Unión Mugardesa de Instrucción" de 1912 Memoria da "Unión Mugardesa de Instrucción" do ano social 1923/1924 Revista "La Unión Mugardesa : revista mensual" Boletín "Unión Mugardesa de Instrucción"
Conservada en formato dixital:
2 modelos de diploma 2 diplomas 1 nota informativa 1 certificado do Concello de Mugardos (1911) Xornal "La Escuela : órgano de la mutualidad escolar"
Memorias sociais da "Unión Mugardesa de Instrucción":
Memoria social correspondente ao ano 1912, presentada pola directiva á Xunta Xeral o 23/02/1913 (21 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Memoria anual correspondente ao ano social 1923/1924, presentada pola directiva á Xunta Xeral o 19/10/1924 (46 páxinas), conservada en formato impreso.
Revista de tirada mensual que comezou a súa andadura o 1 de xullo de 1912, "consagrada á los intereses de la Sociedad Unión Mugardesa de Instrucción establecida en La Habana", como indica na súa portada.
Este xornal escolar informa sobre as actividades dos alumnos das escolas de Mugardos (moitas delas subvencionadas ou creadas polos emigrantes naturais deste concello e residentes en Cuba), da súa problemática e necesidades. Publican tamén traballos dos escolares e pequenas noticias culturais da comarca.
Diplomas e certificados da "Unión Mugardesa", conservados en formato dixital:
Modelos de diploma de socio de mérito e de socio fundador
Diploma de premio á constancia outorgado a José Pico Corral (1919)
Diploma pola participación no IV día de Galicia Exterior (12-13/08/2004)
Nota informativa sobre a festa da Merced (01/04/1982)
Certificado do Concello de Mugardos, asinado polo seu secretario, Francisco Galán Castro, coas normas a seguir para as delegacións da sociedade (23/06/1911)
Copia literal mecanografada da Acta de constitución da "Unión Mugardesa de Instrucción" do día 12/11/1909 (3 páxinas), conservada en formato dixital e impreso. Esta copia foi feita na Habana o 22 de outubro de 1917 e asinada polo presidente e secretario da entidade para presentar ante o Gobernador provincial por un imperativo da Lei de Asociacións vixente ese ano.