Carta enviada polo Presidente da sociedade "Centro Gallego y Saviñao", José Picallo Durán, á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 28/04/1997 en contestación á súa solicitude de información, indicando as celebracións nas que participa anualmente. Adxuntos á carta remitiron a seguinte documentación:
Escudo
Fotocopia de Estatutos
Memoria do último exercicio
Comisión Directiva
Reseña histórica
Documentación sobre a súa fusión coa "Asociación Saviñao y sus contornos"
Recreo Social
Documentación sobre a súa participación en concursos da Xunta de Galicia
1 carta enviada polo Presidente da asociación Centro Betanzos, Osvaldo Dans Varela, ao Director da Radio Galega para adxuntarlle o programa de actos conmemorativos do 90º aniversario da entidade.
Adxunta copia dunha carta enviada ao Rector Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela, Darío Villanueva, con motivo do 500 centenario da universidade.
Carta enviada polo Presidente da "Ilustrísima Sociedade Vivero y su Comarca", Jesús Méndez Díaz, ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 20/09/1999, para facerlle chegar a enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta, conservada en formato papel.
Carta enviada polo Secretario, Pedro Soriano, e o Presidente, Enrique Labora Lesta, do "Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo" ao Coordinador do Arquivo da Emigración Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, en contestación a un requerimento previo de información.
Xunto coa carta adxuntan a enquisa "As sociedades galegas no mundo".
Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo
Estanislao Rodríguez Sende, Prosecretario General, e Ramón Berdullas Martínez, Presidente, envían resposta a Manuel Suárez, Secretario Técnico do Consello da Cultura Galega. Na carta mencionan as fichas Persoas Físicas, Medios de Comunicación e Entidades para cumprimentación do Censo Cultural de Galicia.
Carta enviada por Graciela Pérez, filla do Presidente da sociedade "Centro Gallego de Santa Fé", á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 16/05/1997 en contestación á súa solicitude de información. Adxuntos á carta remitiron a seguinte documentación:
Folleto conmemorativo do 75º aniversario da sociedade
Programa de actos polo 75º aniversario
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"
Carta enviada polo Presidente do "Centro Unión Orensana de La Habana", Xosé Manuel Docampo, á Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, na que responda á súa solicitude de información sobre a sociedade "Unión Orensana" e indica que en xuño de 1994 foi encargado da Comisión Organizadora do seu rescate, cando pasaría a chamarse "Centro Unión Orensana de La Habana". Envía o regulamento vixente no momento de escribir a carta, o regulamento de 1940, emblemas antigo e actual, relación de actividades realizadas en 1996 e a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta.
Carta enviada polo Secretario, Pedro Soriano, e o Presidente, Francisco Solla Crespo, do "Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo" á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María José Rodríguez Galdo, en contestación a un requerimento previo de información.
Xunto coa carta adxuntan a seguinte documentación:
Estatutos
Memoria e balance do exercicio 1995-1996
Último boletín publicado
Breve reseña histórica do centro
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"
Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo
1 carta enviada ao Presidente do Centro Betanzos, Juan Suárez, por Castelao, en agradecemento polo seu nomeamento como Presidente Honorario da institución.
O Presidente do Círculo Social Valle Miñor, Roberto Hermida Mallo, envía unha carta ao Consello da Cultura Galega en resposta á súa petición de información co fin de confeccionar un censo cultural galego.
Coa carta adxuntan a seguinte documentación:
Enquisa da Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas (Xunta de Galicia, 1991)
Estatuto social (1990)
Memoria anual (1989)
3 números do Boletín informativo "Xuntos": n. 10-12 (1990)
Carta enviada pola sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata" a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega o 12/11/1998, para facerlle chegar información societaria e o seguinte material:
O Presidente do "Hogar español de Montevideo", José Luis Peña Fernández, envía ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, un convite e o programa de actos con motivo da celebración dunha romería anual en celebración do 45º aniversario social e da adhesión ao 9º "Congreso de la Emigración Gallega", a celebrarse o día 06/12/2009.
O Presidente da asociación Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, Francisco Rodríguez González, escribe ao Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, Fernando Amarelo de Castro, para optar ao recoñecemento de galeguidade da entidade.
Xunto coa carta adxunta copia de:
Memoria e balance do ano 1999 (14 páxinas)
Acta fundacional (02/01/1954) (6 páxinas)
Estatutos (1954) (15 páxinas)
Outorgamento de Personería Xurídica n. 7782 (26/04/1982) (4 páxinas)
Escritura do inmoble (5 páxinas)
Xunta directiva vixente (1 páxina)
Fotografías de encontros sociais (1 páxina)
Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, asociación cultural, social y recreativa
Correspondencia enviada por Carlos Velo Cobelas, Presidente do "Padroado de Cultura Galega de México" e Delegado do "Consello de Galiza" en México, a diversos cargos do "Consello de Galiza" en Bos Aires:
Alberto Vilanova, Concelleiro do "Consello de Galiza" (31/07/1964), (06/08/1964) e (08/08/1964)
Lois Fuentes, Secretario de Goberno e Coordinación (13/11/1964)
Cartas enviadas polo Presidente da "Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficiente Rosalía de Castro", Manuel Rodríguez y Rodríguez:
Á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 22/11/1996, para facerlle chegar un modelo de carta e unha tarxeta da entidade.
Ao Coordinador de proxecto do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 21/10/1998, para confirmar o envío anterior e remitir a enquisa "As sociedades galegas no mundo".
Sociedade de socorros mútuos e beneficiente Rosalía de Castro
Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada o día 30/08/1942 polo Secretario da sociedade, Adolfo Pérez, ao Presidente do Comité Xestor de Axuda ás Democracias, confirmando á súa contribución económica na causa.
Certificado do día 30/08/1942 conforme Juan Varela Grande, Presidente do "Centro Gallego", recibiu un donativo da sociedade para o Comité Xestor de Axuda ás Democracias.
Carta enviada o día 15/11/1944 ao Presidente da sociedade polo Presidente de "Unión Orensana", Arturo Pérez, para invitalo a unha función de cine.
Carta e programa enviados o día 18/11/1944 ao Presidente da sociedade polo Secretario Xeral do Centro de Divulgación Social, para invitalo á conferencia de Enrique López Alarcón do día 20/11/1944.
Carta enviada en 1945 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, para felicitalo polo número de delegados designados para a convención.
Carta e manifesto enviados o día 30/07/1945 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, para facerlle chegar o manifesto relativo á convención dos días 14-15/09/1945.
Carta e programa enviados o día 29/06/1946 polo Presidente da Casa da Cultura na Habana, Pedro Cavia, ao Presidente da sociedade, relativos ao V Congreso Nacional da Casa da Cultura titulado "Unidad y lucha por la República Española".
Circular enviada en xuño de 1946 relativa á celebración do Congreso por parte da Convención Nacional Democrática Pro República Española.
Carta enviada en agosto de 1946 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, coa relación de delegados.
Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada o día 26/06/1946 pola socia Escolástica Sánchez ao Presidente da sociedade, Julio Rodríguez Blanco, en agradecemento pola súa atención durante un período de enfermidade.
Listaxe de compoñentes do Comité de Damas da sociedade.