Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas e das Asembleas de Socios do "Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada", conservado en formato dixital e impreso:
Libro de actas dende o 22/09/1960 ata o 30/03/1993 (155 páxinas)
Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada o día 26/06/1946 pola socia Escolástica Sánchez ao Presidente da sociedade, Julio Rodríguez Blanco, en agradecemento pola súa atención durante un período de enfermidade.
Listaxe de compoñentes do Comité de Damas da sociedade.
Carta enviada polo Presidente do "Centro Unión Orensana de La Habana", Xosé Manuel Docampo, á Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, na que responda á súa solicitude de información sobre a sociedade "Unión Orensana" e indica que en xuño de 1994 foi encargado da Comisión Organizadora do seu rescate, cando pasaría a chamarse "Centro Unión Orensana de La Habana". Envía o regulamento vixente no momento de escribir a carta, o regulamento de 1940, emblemas antigo e actual, relación de actividades realizadas en 1996 e a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta.
Correspondencia mantida entre a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" de A Habana e a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada y sus contornos" de Bos Aires, conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada dende a sociedade bonaerense para tratar relacións bilaterais (31/08/1964)
Carta enviada dende a sociedade habanera para tratar relacións bilaterais (08/02/1965)
Carta enviada dende a sociedade habanera para enviarlles unha fotografía da Xunta Directiva (20/08/1973)
Actas relativas á constitución da sociedade en España, conservadas en formato dixital e impreso:
Certificado da Acta número 1 da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa, Ribadeo, do día 09/10/1911, relativa á financiación da construcción do edificio social. Contén o "Legado Pedro Murias" (7 páxinas)
Acta da reunión celebrada na Habana entre a Xunta Directiva da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" de A Habana e a Comisión de doantes da parroquia de Devesa o día 03/01/1912 con motivo da constitución dunha sociedade homónima en España (4 páxinas)
Acta da reunión da Xunta Directiva da sociedade habanera o día 12/01/1912 na que se aproba a constitución dunha sociedade homónima na Devesa, Ribadeo, e a construcción dun edificio social e de recreo (5 páxinas)