Programa de actividades do II Día de Hermandad de los Centros Regionales, celebrado o 26 de xuño de 1988 no Pabellón de la Marga, Santander, conservado en formato papel.
Folleto editado pola Casa de Galicia en Cantabria e o Centro Gallego de Santander co programa de conferencias do VI Ciclo Cultural celebrado en novembro de 2005, conservado en formato papel.
Folleto publicado pola Obra Cultural da Caja de Ahorros Popular de Valladolid para difundir a mostra de pintura das Casas rexionais en Valladolid, celebrada entre o 19 e o 29 de novembro de 1983, conservado en formato papel.
Estatutos da Casa de Galicia en León, redactados de conformidade co acordado na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 07 de outubro de 1988, conservados en formato papel (fotocopias).
Díptico sobre a actuación da compañía de teatro Anduriña "Petición de man" organizada pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro e celebrada o 14/06/1997, conservado en formato papel.
Folleto co programa de actos organizados pola Casa de Galicia de Ondárroa na festividade da Virxe do Carme e de Santiago dos días 25 a 27 de xullo de 2002, conservado en formato papel.
Folleto co currículo de Úrsula Heinze e o programa elaborado para o Día das Letras Galegas de 1997 polo "Centro de Estudos de Língua e Cultura Galegas" (CELGA) da Universidade Federal da Bahía (UFBA), coa colaboración da Sociedade Cultural Caballeros de Santiago, conservado en formato papel.
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago