Cartaz da conferencia-debate de Margarita Ledo Andión, Directora de A Nosa Terra, titulada "Galicia ante el Estatuto", organizada coa colaboración de Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservado en formato papel.
Manifesto do Comité da sociedade Galicia Hoxe manifestando o seu rexeitamento ás trabas impostas á participación dos emigrantes galegos en Suiza no referendum sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia do 21 de decembro, conservado en formato papel.
Estatutos da sociedade, aprobados en Asemblea Extraordinaria o día 31 de maio de 1973, pasando a denominarse "Centro Gallego de Berna", conservados en formato papel (fotocopias).
Regulamento social da "Sociedad Estudiantil Concepción Arenal" aprobado o 14/05/1924 en Xunta Xeral Extraordinaria, conservado en formato dixital e impreso incompleto.
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (23/03/2000) cuberta pola sociedade "Partido Judicial de Arzúa" a iniciativa do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.
Acta de constitución da "Sociedad de Instrucción Puente de Mera", incluida no Regulamento aprobado o 12/11/1911, conservada en formato dixital e impreso.
Folleto que recolle o "Discurso pronunciado por Mario García Kohly, ministro de Cuba, en Madrid en el banquete que le fue ofrecido en el Teatro Nacional de la Habana por las Sociedades Regionales Españolas de Cuba : 23 de Mayo de 1921", conservado en formato dixital.
Informe sobre a situación escolar dos españois residentes en Lausana elaborado pola "Asociación de Trabajadores Españoles Emigrantes en Suiza" en 1983, conservado en formato papel.
Asociación de Trabajadores Españoles Emigrantes en Suiza
Carta enviada polo Vocal de Cultura do Grupo Galego de Aarau, Pere Barrufet-Couñago, á asociación Galicia Hoxe de Xenebra o día 24/03/1981, en resposta á súa circular do día 20, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración, conservada en formato papel.
Modelo de carné do Grupo de gaitas e danzas "Retrincos" da sociedade Promoción da Cultura Galega de Zürich, co emblema societario, conservado en formato papel.
Carta enviada polo Consello da Cultura Galega á Sociedade "A Nosa Galiza", solicitando a súa axuda na elaboración dun censo cultural de sociedades galegas, conservada en formato papel.