Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da "Sociedad de Instrucción de Monterroso, Antas y Palas de Rey", máis adiante "Monterroso y Antas de Ulla":
Conservado en formato dixital e impreso:
Libro con 74 actas dende o 23/07/1914 ata o 21/12/1919 (207 páxinas): dixitalizado incompleto
Conservados en formato impreso:
Libro con 211 actas dende o 11/01/1920 ata o 04/02/1936 (300 páxinas)
Libro con 100 actas dende o 17/02/1948 ata o 17/01/1957 (391 páxinas): dixitalizado incompleto
Fotografías realizadas durante as actividades realizadas pola sociedade "Monterroso y Antas de Ulla", conservadas en formato dixital: en banquetes, romerías e actos, en reunións das Xuntas Directivas e dos socios, do Comité de Damas, do Presidente e outros directivos, dos grupos de baile e de grupos de maestras e nenos en clase.
Relación de socios contribuíntes na liquidación e arranxos do Panteón Social da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Abadín" de 1965 (2 páxinas), enviada ao Ministro do Interior, conservada en formato dixital.
Memoria de "Hijos del Ayuntamiento de Abadín. Sociedad de Instrucción y Beneficencia", correspondente aos anos 1922-1925, e publicada en 1926 (49 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.