Carta enviada polo Presidente do "Centro Unión Orensana de La Habana", Xosé Manuel Docampo, á Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, na que responda á súa solicitude de información sobre a sociedade "Unión Orensana" e indica que en xuño de 1994 foi encargado da Comisión Organizadora do seu rescate, cando pasaría a chamarse "Centro Unión Orensana de La Habana". Envía o regulamento vixente no momento de escribir a carta, o regulamento de 1940, emblemas antigo e actual, relación de actividades realizadas en 1996 e a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta.
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1944-1965) Libro de Actas das reunións da Sección de Propaganda (1929-1944) Regulamento interior da Sección de Propaganda (1929) Libro de rexistro de socios (1928-1972)
Certificado da "Dirección General de Rentas e Impuestos" do "Ministerio de Hacienda" de que a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Silleda, Sociedad de Beneficencia y Recreo" foi inspeccionada o día 26/07/1947 para comprobar o cumplimento da "Ley del Timbre", conservado en formato dixital.
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1923-1950) Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1951-1956) Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1922-1950) Libro de Actas das reunións da Sección de Propaganda (1927-1974) 19 cartas
Conservada en formato dixital:
Acta da reunión da Xunta Xeral Ordinaria do día 18/10/1987 Libro de rexistro de socios (1922-1930) Libro de rexistro de socios por sexos (1922-1952): dixitalizado incompleto
Correspondencia mantida entre a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" de A Habana e a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada y sus contornos" de Bos Aires, conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada dende a sociedade bonaerense para tratar relacións bilaterais (31/08/1964)
Carta enviada dende a sociedade habanera para tratar relacións bilaterais (08/02/1965)
Carta enviada dende a sociedade habanera para enviarlles unha fotografía da Xunta Directiva (20/08/1973)
Recibo do pago da cota do Círculo Habanero de La Devesa como socio da Beneficencia de Naturales de Galicia na Habana, efectuado o 01 de xaneiro de 1960. Conservado en formato papel e dixital.