File 01 - Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios

Identity area

Reference code

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-UParLal-02-02-01-01

Title

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios

Date(s)

  • 1939-1967 (Creation)

Level of description

File

Extent and medium

1 libro orixinal (158 páxinas)
1 sobre con 3 microfichas

Context area

Name of creator

(1921-01-30 ata 1982-07-25, ano no que se fusiona con outras entidades da comarca do Deza para crear o "Centro Lalín de Buenos Aires")

Administrative history

En xaneiro de 1921 aparece no "Correo de Galicia" un chamamento para os veciños das parroquias de Lalín co fin de reunirse no local da "Federación Agraria de la Estrada" para tratar da constitución dunha sociedade auxiliar dos agricultores que existen neste concello e ao mesmo tempo fomentar a actuación das mesmas no partido de Lalín. O 30 de xaneiro do ano 1921 tivo lugar a reunión da que saíu creado o "Comité auxiliar de las sociedades agrícolas y culturales del Partido de Lalín en Buenos Aires". Entre os seus promotores da idea destacaban Avelino González, Victorino González, Antonio Castro Santomé (primeiro presidente), Jesús Blanco, José Parada, Francisco Cacheda e Ramón González Vijide.
Como lema da entidade está o de "auxiliar y de fomento de sociedades agrarias y culturales en el partido". Esta declaración de principios fixa a súa orientación agrarista e progresista.
Entre os seus fins está a creación de escolas, tantas como lles sexa posibles e tamén auxiliar economicamente ás xa existentes; ademáis contemplan axudar moral e materialmente aos campesiños galegos e auxiliar aos seus asociados.
En febreiro de 1922, en asamblea votan a creación de tres escolas: en Gresande (inaugurada ese mesmo ano con 116 alumnos), en Dousión e en Silleda e aproban un regulamento para o seu funcionamento, implantando as seguintes materias: lingua castelán, lectura, escritura e gramática, aritmética, xeografía e historia, historia natural, nocións de xeometría, de ciencias químicas e naturais, de historia e fisioloxía humana, moral, debuxo, traballos manuais, agricultura, exercicios corporais e principios de dereito e instrucción cívica.
A finais de 1923 inaugura unh escola na parroquia de Prado, chamada "Curros Enríquez", á que concurriron 89 alumnos de ambos sexos aos que facilitan gratuitamente todo o material escolar.
A escola de Gresande chamouse "Ramón González Vigide", un dos promotores da fundación da entidade.
Nestas escolas impartíanse clases nocturnas para adultos que deron moi bos resultados.
En 1924 envía cartos para o sostemento da escola da parroquia de Bendoiro.
En 1936 toma posición polo Goberno republicano a través de numerosos manifestos e envía fondos de axuda para as vítimas da guerra e as súas familias.Tras o triunfo franquista denuncia, a través do xornal Galicia, voceiro da Federación de Sociedades Galegas, a represión do novo réxime e fai un chamamento á colaboración de todos os emigrantes demócratas para axudar os perseguidos.
Nos anos 50 e 60, a súa influencia na colectividade vai mudando e defende posturas máis moderadas politicamente.
O 25 de xullo de 1982 lévase a cabo a fusión das sociedades da comarca do Deza en Bos Aires: "Hijos del Partido de Lalín", "Hijos de Silleda", "Unión del Partido de Lalín" e "Hijos del Ayuntamiento de Golada y sus contornos", creando unha unha nova entidade denominada "Centro Lalín de Buenos Aires".

Archival history

Immediate source of acquisition or transfer

Content and structure area

Scope and content

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios da sociedade "Unión del partido de Lalín en Buenos Aires".

Conservados os anos 1939-1963 en formato orixinal:

-1939: 30 de xullo (aprobación dos Estatutos sociais)
-1940: 3 e 27 de febreiro
-1941: 25 de xaneiro; 13 de abril; 26 de agosto
-1942: 25 de xaneiro; 26 de xullo
-1943: 6 de febreiro; 25 de xullo
-1944: 20 de agosto
-1945: 19 de agosto
-1946: 18 de agosto
-1947: 17 de agosto
-1948: 10 de agosto
-1949: 10 de agosto
-1950: 24 de xullo; 27 de agosto
-1951: 19 de agosto
-1952: 17 de agosto
-1953: 16 de agosto
-1954: 15 de agosto
-1955: 21 de agosto
-1956: 26 de febreiro; 26 de agosto
-1957: 31 de agosto
-1958: 24 de agosto
-1959: 23 de agosto; 8 de novembro
-1960: 16 de outubro; 10 de decembro
-1961: 20 de agosto
-1962: 17 de marzo; 26 de agosto
-1963: 27 de xaneiro; 25 de agosto

Conservados os anos 1954-1962 e 1966-1967 en formato microficha.

Appraisal, destruction and scheduling

Accruals

System of arrangement

Conditions of access and use area

Conditions governing access

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Conditions governing reproduction

O material que está en formato microficha non se pode reproducir por cuestións técnicas. O resto da documentación permítese reproducir.

Language of material

  • Spanish

Script of material

  • Latin

Language and script notes

Physical characteristics and technical requirements

Os documentos en microficha precisan dun lector, que se pon a disposición dos investigadores.

Finding aids

Allied materials area

Existence and location of originals

A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC

Existence and location of copies

Related units of description

Related descriptions

Notes area

Alternative identifier(s)

Access points

Subject access points

Name access points

Genre access points

Description control area

Description identifier

Institution identifier

Rules and/or conventions used

NOGADA

Status

Draft

Level of detail

Partial

Dates of creation revision deletion

Language(s)

  • Galician

Script(s)

  • Latin

Sources

Accession area

Related genres

Physical storage

  • Folder: AE/S/Mf-11-3