Área de identidade
Código de referencia
Título
Data(s)
- 199? - (Creación)
Nivel de descrición
Unidade documental composta
Extensión e medio
1 tríptico, 1 recorte de prensa, 1 tarxeta social e 1 listaxe
Área de contexto
Nome do creador
Historia administrativa
O día 10 de outubro do 1973, un pequeno grupo de galegos emigrados na Xenebra, decidiron a formación dunha sociedade galega cultural, social, deportiva e recreativa.
A partires dese momento realizaron numerosos actos culturais e recreativos, fundaron unha sección de fútbol, un grupo de teatro, un grupo folclórico... e adheríronse a outros organismos de espallamento e defensa dos dereitos dos emigrantes, non soamente da Suíza, senón tamén en Galicia, no Estado español e noutros países.
En 1974 adheríronse a Federación Mundial de Sociedades Galegas (FMSG) e posteriormente a Xunta de Organizacións Galegas en Europa (XOGE). Tamén formaron parte da Federación de Sociedades Galegas na Suíza (FSGS).
Segundo os seus Estatutos, aprobados en decembro de 1973 e redactados en galego, os seus obxectivos son:
- Desenvolvemento por tódolos medios posibles, no senso da afirmación da língua, do arte e da cultura do pobo galego e dos seus valores nacionais.
- Axuda e apoio moral e social ós galegos da Xenebra na resolución dos problemas derivados da súa situación de emigrantes.
- Desenvolvemento de actividades culturais, deportivas e de recreo, para os galegos emigrados na Xenebra.
- Promoción de toda clase de actos culturais galegos no seno da emigración galega en Suiza.
- Desenvolvemento da colaboración e de traballos comúns coas entidades galegas da terra e da emigración galega.
No local social dispoñen de sala de actos, bar, biblioteca, cociña e servizos.
Publican o voceiro "Irmandade", imparten cursos de galego, contan cun grupo de teatro e outro de danzas e gaitas, celebran as Festas do Entroido, Magosto e San Xoán.
Prestan os socios axuda e xestión en problemas laborais, administrativos e sociais, realizan visitas a doentes e familiares nos casos de enfermidade, accidente ou defuncións e participan en festas benéficas.
Repositorio
Historia arquivística
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido
Publicidade da Irmandade Galega na Suiza, conservada en formato papel:
- Tríptico sobre o grupo de música e danzas da sociedade
- Recorte de prensa de "La Voz de Galicia" (10/09/1994)
- Tarxeta co emblema societario
- Listaxe de membros do cumio (1997)
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e texto
Características físicas e requerimentos técnicos
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC
Existencia e localización de copias
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Materias
Persoas e entidades
- Irmandade Galega na Suiza (Tema)
Puntos de acceso Xénero/Forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Borrador
Nivel de detalle
Parcial
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 17/07/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino