Fondo AE-AR-USalv - Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño en Buenos Aires

Acta de fundación Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios Memoria y Balance correspondiente al  21º ejercicio, 1942 Correspondencia recibida. Anos 1921-24 Correspondencia enviada. Anos 1921-1924 Memoria y Balance: Ejercicio 1925-1927 Estatutos de la Unión Cooperativa de Salvatierra de Miño Correspondencia recibida. Ano 1925 Correspondencia recibida. Ano 1926 Correspondencia recibida. Ano 1927 Correspondencia recibida. Ano 1928 Correspondencia recibida. Ano 1929 Correspondencia recibida. Ano 1930 Correspondencia recibida. Ano 1931 Correspondencia recibida. Ano 1932 Correspondencia recibida. Ano 1933 Correspondencia recibida. Ano 1934 Correspondencia recibida. Ano 1935 Correspondencia recibida. Ano 1936 Correspondencia enviada. Ano 1925
Resultados 1 a 20 de 31 Mostrar todo

Área de identidade

Código de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-USalv

Título

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño en Buenos Aires

Data(s)

  • 1921-08-14 (Creación)

Nivel de descrición

Fondo

Extensión e medio

1 cartafol con 1 publicación
8 rollos de microfilmes con actas, correspondencia e 1 memoria

Área de contexto

Nome do creador

(1921-08-14 ata a actualidade)

Historia administrativa

Esta sociedade agraria e instrutiva foi creada por iniciativa dun grupo de emigrantes naturais da comarca de Salvaterra residentes na República Arxentina. Entre eles podemos citar a Clemente López, Laureano Puente, Manuel Puente e Francisco Ojea Aldir, que defendían ideais socialistas e laicos.
Deciden crear a sociedade para acoller os veciños alí residentes e proporcionarlles socorros e axudas para os máis necesitados, ademais de fomentar a construción de centros educativos e de progreso no seu distrito natal, tal como se recolle nos seus primeiros estatutos: «Art. 2º: socorrer moral y materialmente a sus asociados, en casos de enfermedad, muerte y repatriarlos si quedaran inútiles; Art. 3º: propender al progreso del distrito y bienestar de sus habitantes elevando su capacidad intelectual y dignificación moral, por medio de la escuela, de la organización social y de la cooperación colectiva».
En 1926, organizaron un gran festival artístico a beneficio do seu proxecto para construír un edificio social na súa localidade. Neste edificio tamén debía funcionar unha cooperativa agrícola, de créditos e consumos; e ser a sede dos sindicatos agrícolas da comarca. Así mesmo, habilitaron varias dependencias como aulas para impartirlles clases aos nenos e nenas da zona. Cos cartos obtidos mercaron, ao ano seguinte, un soar valorado en 2487 pesos.
O 15 de xullo de 1928, inaugurouse o edificio da Casa do Pobo, no que se instala, ademais da escola, unha cooperativa como apoio aos labregos da comarca, para que conseguisen abaratar os prezos dos produtos e da maquinaria agrícolas.
Esta sociedade tivo un forte ideario agrarista e progresista e colaborou activamente na defensa deste movemento na súa comarca con doazóns pero tamén co seu apoio solidario a calquera tipo de reivindicación dos campesiños: axudou á Sociedade Agraria de Cristiñade, que fora multada por soster unha escola rural, ou aos afectados pola traxedia de Guillarei.
En 1936, fusionouse coa entidade "Hijos de Fornelos y anexos" e pasou a denominarse "Asociación de Residentes de Salvatierra de Miño en la República Argentina", que hoxe segue a funcionar.
En 1940, tivo un cambio nas súas finalidade e centrouse na axuda mutua e na organización de actividades recreativas e culturais, tal como se recolle no regulamento social: «nuestros Estatutos han sido reformados y ha quedado abolida toda clase de política, como así el envío de dinero a España, salvo que alguna familia solicitara ayuda, en cuyo caso la resolución se haría en asamblea. Se comenzará a reunir dinero para comprar un campo para recreo y esparcimiento de nuestros hermanos en la Argentina».

Historia arquivística

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estrutura

Alcance e contido

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme e dixital:

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios da sociedade dos anos 1921-1936
Memoria e balance do 21º exercicio correspondente ao ano 1942 da sociedade

Conservada en formato papel:

Revista "Asociación Residentes de Salvatierra de Miño en la República Argentina"

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e texto

Características físicas e requerimentos técnicos

Os documentos microfilmados precisan dun lector, e para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se poñen a disposición dos investigadores.

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia institución

Existencia e localización de copias

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Puntos de acceso Xénero/Forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 02/04/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso

Xéneros relacionados

Almacenamento físico

  • Caixa: AE/S/M-4.1-4.7
  • Caixa: AE/S/M-7.1
  • Caixa: AE/Rev/ARX-13